Warning: mysql_connect(): Headers and client library minor version mismatch. Headers:50173 Library:50312 in /home/terrasdo/terrasdoavia.es/html/includes/classes/db.php on line 6
Terras do Avia - Puntos de Interés
Atrás

Iglesia de Santo Tomé de Serantes

Mapa

Quizais a máis sorprendente de todas pola súa riqueza ornamental, que é merecedora do recoñecemento como Ben de Interese Cultural. A súa fundación está datada no ano de 1170, según reza a inscripción do seu tímpano: FUNDATA EST SUB ERA: MCCVIII. É dun románico de gran calidade, con elementos próximos ó primeiro gótico. A portada principal, de arco apuntado con arquivoltas decoradas con motivos vexetais e as molduras boceladas ou sogueadas. Interesante é o seu tímpano, co tema da “cruz invicta”, unha cruz flordelisada, á que acompañan dúas aves, pode que pombas, dúas árbores e dúas personaxes (¿dous soldados ou San Xoan e María?). Toda a decoración desta portada é extraordinaria. É reseñable o rosetón calado de tipo floral (seis pétalos e doce follas) disposto debaixo dun gran arco de medio punto. No seu interior sinalamos o baldaquino gótico colocado no muro da Epístola, o tableiro central acolle nos laterais os relevos do Apostolo Santiago (peregrino) e San Pedro, aparecendo o remate do vértice do arco conopial profusamente decorado con follas. O segundo panel mostra a escena da Anunciación coa Virxe, atril e floreiro de azucenas á esquerda, e á dereita un anxo portando a filacteria. Esta estrutura arquitectónica apóiase nunha fina columna fasciculada e remátase cunha cuberta piramidal (cunha serpe na fronte)