Warning: mysql_connect(): Headers and client library minor version mismatch. Headers:50173 Library:50312 in /home/terrasdo/terrasdoavia.es/html/includes/classes/db.php on line 6
Terras do Avia - Puntos de Interés
Atrás

Pena Corneira

Mapa

Vixía do Ribeiro, é un Espazo de Interese Natural e Zona Natural Protexida, atópase entre os concellos de Leiro, Carballeda de Avia e Avión. Ten unha superficie aproximada de 977 hectáreas e está composta por un macizo granítico caracterizado por unha complexa asociación de formas xeolóxicas que o convirten nun espazo singular e obxecto de estudo de xeólogos/as de todo o mundo. A súa riqueza non só reside na súa paisaxe, senón nas propias formas das rochas, únicas no mundo e na súa orixe, de fai 300 millóns de anos fruto dunha masa de magma que se solidificou a causa da estrutura profunda dun antigo volcán. A chamada Pena Corneira é un espectacular penedo granítico con forma de corno, que semella un xigantesco menhir apuntando ó ceo. É visible dende boa parte do Ribeiro.