Warning: mysql_connect(): Headers and client library minor version mismatch. Headers:50173 Library:50312 in /home/terrasdo/terrasdoavia.es/html/includes/classes/db.php on line 6
Terras do Avia - Puntos de Interés
Atrás

Monasterio de San Clodio

Mapa Vista 360º

O Mosteiro de San Clodio ubícase nun val cheo de viñedos. Está declarado Ben de Interese Cultural e Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1981 xunto á ponte medieval de San Clodio. Actualmente alberga un hotel de catro estrelas Descoñécese a data exacta da súa fundación, ainda que se cre que tivo lugar despois do ano 567 por monxes procedentes do Mosteiro de San Claudio de León, fuxitivos dos suevos. Para outros, a súa orixe estaría no ano 928, baseándose nun documento no que se di que os Condes Álvaro e Sabita fixeron a doazón dun gran número de fincas, animais e utensilios ó mosteiro. San Clodio foi adquirindo nos séculos XI-XII un auxe progresivo, non foi só o principal centro relixioso senón tamén agrícola e intelectual do Ribeiro. En tempos pleno-medievales constituíuse como un cenobio benedictino que abrazou a reforma do Císter en 1151, acadando o seu máximo esplendor nos séculos XII e XIII gracias as abundantes rendas procedentes dos cultivos dos seus dominios, en especial da produción vitivinícola. Pero, o mosteiro pasa todo tipo de vicisitudes durante a convulsa Baixa Idade Media, especialmente durante o século XV, sendo vítima dos constantes enfrentamentos nobiliarios entre as familias dos Sarmiento coas de Soutomaior e Benavente, ata tal punto que tiveron que tomar parte os Reis Católicos para reconducir a situación. No século XVI ingresa na Congregación do Císter de Castela, comezándose reformas no conxunto que afortunadamente non afectaron decisivamente á igrexa medieval. Coa Desamortización de Mendizábal (1835), San Clodio pasou a mans da autoridade civil, convertíndose en cuartel militar. Na actualidade está restaurado, e funciona como Hotel Monumento. Conserva  a súa igrexa románica do S.XIII cun bo retablo e un curioso artesonado mudéxar baixo o coro. Esta igrexa pertence a uns plantexamentos tardo románicos cistercienses, propios de finais do S.XII e comenzo do XIII. Trátase dun templo formado por tres naves e cabeceira tripartitas. Del pódense visitar os exteriores e máis un dos claustros.