Atrás

Iglesia de Santa María de Gomariz

Mapa

Igrexa de Sta. María de Gomariz que perteneceu como priorato ós Mosteiros de Toxos Outos (Lousame-Noia) e Sobrado. Data do S.XII, consta dunha soa nave e presenta unha fachada principal austera, con dous contrafortes enmarcando a porta de entrada, que se decora con catro columnas, as exteriores helicoidais; os seus capiteis tamén están labrados,  nun deles podemos ver dous animais enfrontados; e un arco de medio punto composto por diferentes arquivoltas, das que a máis exterior presenta un ornamento a base de axedrezado. Ten o tímpano liso.